lunes, 26 de enero de 2015

LIBROS POLA PAZ

"El monstruo de colores" para infantil e para primaria "O segredo de Flora", "O saco de area" (a tristeza), "As estrelas de cores" (a alegría), "Pensar as cousas" (a impulsividade) e "Cando estou tranquilo" (a tranquilidade) son os libros escollidos polo Eq. de Convivencia para traballar a Paz...

 
Un saúdo, Superlector!


RECEITAS PARA A PAZ

Achégase o Día da Paz e o Equipo de Convivencia do centro coa colaboración de Bibliosinde propón ao alumnado a elaboración de Receitas para a Paz (unha por aula) a partir do traballo do libro "Recetas de lluvia y azúcar" de Mónica Gutierrez Serna. Non deixedes de lelo, seguro que vos sorprende. 
Pronto mostraremos no blogue o mural de "Receitas de Paz".
Un saúdo, Superlector.

AS TÚAS SUXERENCIAS CONTAN

Novas adquisicións na sección de novidades de libros que nos pedístedes, achégate a coller o teu!
 
Un saúdo, Superlector!

viernes, 23 de enero de 2015

O PRINCIPIÑO, POLO ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA

Non puideron facerlo mellor! Fantástica adaptación dos alumnos/as de 2º curso  de primaria da obra do francés Antoine de Saint-Exupéry: O principiño.
video
Un saúdo, Superlector.

O MAL DE PAPA NOEL!

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria representaron unha divertidísima obra de Nadal na que Papa Noel tiña sobrepeso! Nada que non se poidera solucionar cunha dieta equilibrada e un pouco de exercicio. Fantástico traballo!
video
Un saúdo, Superlector.


jueves, 8 de enero de 2015

ESTAMOS DE VOLTA CON MÁIS NOVIDADES!


CONTACONTOS PARA OS NENOS DE 3 ANOS

Os máis cativos/as do cole tiveron unha sesión de contacontos moi especial. A mamá de Marco prestouse para lerlles "A eiruga larpeira" e o resultado non puido ser mellor.
Moitas grazas Sara, volve cando queiras.


Un saúdo, Superlector.