jueves, 19 de diciembre de 2013

A CARTA ÓS REIS MAGOS!!!

Lembra poñer na túa carta a Papa Noel e ós Reis Magos un libro marabilloso que te faga voar e viaxar con historias fantásticas, aquí tes algunhas suxerencias!!!
DISFRUTA DAS VACACIÓNS

Un saúdo
SuperLector


miércoles, 4 de diciembre de 2013

RECEITAS DE OUTONO

Aquí vos deixo todas as vosas receitas de outono para que vaides poñendo a funcionar os fogóns!!!
Moitas grazas pola vosa axuda, sen ela este recetario non sairía á luz.
Un saúdo
SuperLector


miércoles, 20 de noviembre de 2013

A VISITA DE BAD PAT A BIBLIOSINDE

Hola Superlectores e Superlectoras aquí vos deixo algunhas fotos da visita de BAD PAT.
Deixovos tamén a ligazón á súa páxina onde poderedes atopar o seu blog, información dos seus libros... non deixes de visitala. 
Preme aquí para ir de inmediato

Un saúdo
SuperLector

viernes, 8 de noviembre de 2013

RECEITAS DE OUTONO

Moi bos días!!!
Chega o frío, o vento, a chuvia... e con todo esto as castañas, noces, cabazas, cogumelos....
Queremos facer unha recolección de RECEITAS DE COCIÑA relacionadas cos productos do OUTONO e para iso esperamos a vosa colaboración, aquí vos deixo o formulario para que me mandedes cousiñas ricas ricas...

Un saúdo
SuperLector




CAL É O TEU LIBRO???




Xa pasaches pola BiblioSinde a coller o teu libro para a fin de semana???
Lembra que o podes facer nos recreos e os luns, mércores, xoves e venres de 16:00 a 18:00.

Un saúdo
SuperLector

martes, 5 de noviembre de 2013

CONTACONTOS DE MEDO!!!

Aproveitando a celebración do Samaín tivemos a visita de varios avós e avoas dos nosos alumnos/as que viñeron a contarnos unhas historias terroríficas!! Aquí vos deixamos algunhas fotos dos contos!!!!

Un saúdo
SuperLector

video

miércoles, 30 de octubre de 2013

ABRIMOS SECCIÓN DE SUXERENCIAS

Este ano podedes facer as suxerencias a través da páxina web aquí vos deixo o formulario que podedes cubrir coas vosas aportacións.

Un saúdo
SuperLector


INAUGURACIÓN DE BIBLIOSINDE!!!!

Onte BiblioSinde abríu as súas portas e aquí está o resultado...
Todos/as vós pasasteis por aquí para coñecer a nova distribución da biblioteca e algunhas normas básicas para o seu bo funcionamento, pero o que non esperabais era a búsqueda do voso carné!!! Non é o de conducir, non!!! Pero é un carné indispensable para adentrarse nun mundo de fantasía, maxia e novos mundos que descubriredes por medio dos libros...
 A DIFRUTAR!!!!

Un saúdo

SuperLector


martes, 29 de octubre de 2013

PRESENTACIÓN BIBLIOSINDE

Hoxe abriu as súas portas BiblioSinde!!!!
Aquí vos deixo a presentación que vos puxeron as profes con moitas das cousas a ter en conta para cando veñades á biblio.
Espero vervos pronto por aquí.

Un saúdo
SuperLector


HOXE ABRE AS SÚAS PORTAS BIBLIOSINDE


lunes, 4 de febrero de 2013

O HOMIÑO DE PAPEL

Este ano con motivo do Día da Paz (30 de xaneiro) os rapaces do Sinde traballaron o HOMIÑO DE PAPEL de Fernando Alonso.
Mirade que preciosidade de conto :O)

martes, 22 de enero de 2013

REFORMÁNDONOS

A nosa biblio está de reformas!!!!
Xa fixemos o expurgo pero aínda queda moito traballo ... Recolocar e rediseñar o noso espazo. 
Por este motivo non estamos dispoñibles ó 100%
Disculpade as molestias