miércoles, 26 de abril de 2017

PREMIADOS CONCURSO LOGO PROXECTO

O pasado xoves día 6 de abril tivemos na biblio a entrega dos premios ao alumnado participante no concurso de logos.











Parabéns!!                               Un saúdo Superlector.       

lunes, 27 de marzo de 2017

CÓMETE UN BOCADILLO

Achégate a Bibliosinde e bótalle un ollo a nova sección temática de banda deseñada.



Atoparás novos exemplares para todas as idades que non poderás parar de ler.



Un saúdo, Superlector.

viernes, 17 de marzo de 2017

MÁIS DE ROADL DAHL

O alumnado de 5º e 6º de primaria está a ler o libro "Las Brujas" de Roald Dahl. 
Se queredes coñecer máis sobre a súa obra tedes na biblioteca un recuncho adicado a este autor do que celebramos fai pouco o seu centenario.

Un saúdo. Superlector.

martes, 14 de marzo de 2017

CONTACONTOS "PEDRO Y LOS IGUALENSES"

Os pasados 7 e 8 as nenas e nenos do cole viron a Bibliosinde a escoitar ao profe Javier, que nos contou a historia de "Pedro y los Igualenses", da que é autor. 
Lembrade que en Bibliosinde tedes exemplares deste libro á vosa disposición no andel de Novidades. 





Un saúdo. Súperlector

miércoles, 8 de marzo de 2017

DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de Febreiro celebramos o día de Rosalía co recitado do seus poemas a cargo do Maruxo. 


Grazas Maruxo!!!
Os nenos de 2º de Primaria traballaron, aprenderon e ilustraron o poema de Rosalía "Adiós Rios Adiós Fontes"

Un saúdo Superlector

miércoles, 15 de febrero de 2017

II APADRIÑAMENTO LECTOR

O martes 14 de febreiro fixemos a 2ª edición do apadriñamento lector deste curso para celebrar o día da amizade. Encantoume vervos polo cole disfrutando da lectura.
Repetiremos ;) Un saúdo, Superlector.